lunes, 9 de mayo de 2016

MEMORIA DO TRABALLO SOBRE A PIRATERÍA

1. Tormenta de ideas:

  • La importancia del físico en nuestra sociedad.
  • Situación del mundo audiovisual en la actualidad. ¿Esta situación es mejor que la de hace algunos años?
  • La piratería
  • La igualdad de género en los medios audiovisuales.
  • Los shows de televisión (realities: mujeres y hombres, supervivientes, gran hermano…). ¿Perjudican a nuestra sociedad?
  • La falta de apoyo de las multinacionales a los grupos o empresas emergentes.

2. Elección do tema:
Escollemos a piratería porque é un tema que nos afecta a todos actualmente. Ademáis, perxudica gravemente á industria audiovisual polo que é un tema que nos incumbe de cara ao noso futuro. Dentro da nosa chuvia de ideas atopamos temas variados tanto temas sociais como de actualidade, pero decidimos quedarnos co que máis se acercaba ao noso ámbito de traballo.  

3. Argumentos para o debate:

EN CONTRA:

  • No le da dinero a la industria porque los consumidores no pagan por los productos. El producto es descargado de internet como por ejemplo películas, programas, juegos, música...
  • Quita puestos de trabajo en muchas empresas porque al no consumir la obra de manera legal se pierden espectadores por lo que se cancelan proyectos y esto hace que haga falta menos gente trabajando.

  • Se tiene menos en cuenta la calidad de la obra porque los usuarios consumen el producto tal y como lo consiguen de forma gratuita. Prefieren mala calidad antes que tener que pagar por ella.

A FAVOR:

  • Permite a fácil difusión dos productos audiovisuais, estando ao alcance de todo o mundo, independientemente da súa situación económica, idade, ou localización.

  • Os consumidores de piratería disfrutan dunha cantidade inmensa de productos audiovisuais, o que fai que estes sexan consumidores cada vez máis esixentes e críticos  á hora de pagar por un producto. Dalgunha forma, elévase o listón, de forma que aquelas películas que realmente valen a pena son as que terán un maior recoñecemento, pois a xente asistirá ao cine a velas.

  • A enorme cantidade de productos que ofrece a industria obliga ao consumidor a escoller. Un consumidor de clase media normal non pode permitirse pagar por todas as películas ou series que lle interesaría ver. A piratería dalle ao consumidor a oportunidade de poder acceder a todos os contidos.

  • Nas páxinas nas que se leva a cabo esta práctica os consumidores conforman unha pequena gran comunidade. Uns encárganse de subir os arquivos, outros aportan os subtítulos, e todos poden opinar, convertendo estas páxinas en portais nos que se intercambian centos de críticas e aportacións. Dalgunha forma, isto permite disfrutar aínda máis do producto.

  • A ausencia de pago fai que poidamos permitirnos consumir moitisimos mais productos audiovisuais que antes.

  • Ás veces, as seires ou películas máis descargadas son as que alcanzan maior fama a nivel mundial, polo que pese a que os ingresos que non proveñen da taquilla ou da audiencia, veñen por outras vías. Por exemplo, pola compra de productos relacionados (camisetas, edicións especiais, obxectos significativos, libros, peluches…). Este tipo de produccións rematan por converterse nunha marca: Juego de Tronos, The Walking Dead, Star Wars, Jurassic World, Fast and Furious, Frozen, películas de Marvel ou DC, El señor de los anillos, Piratas del Caribe, Harry Potter...

martes, 3 de mayo de 2016

EVALUACIÓN DE GRUPOS:

Documentación Audiovisual, 2015/2016

Valoración do traballo «asunto libre»:

Nome do equipo avaliado: E se nos documentamos?
Criterios
Puntuación (1-5)
Observacións
Titulo e enunciados
3

Organización e estrutura
5

Presentación visual (tipografía, cores, imaxes, vídeos, infografías, sons, etcétera)
5
O traballo preséntase de forma clara e limpa, facilitando a lectura. O vídeo complementa moi ben o contido da tarefa.
Contido (redacción, exposición, uso de citas, tipo de citas, achegas propias, conclusións, etcétera)
2
Faltan citas e conclusións propias do equipo.
Fontes pertinentes aos datos aportados
5

Fontes perfectamente redactadas (identificación do manual e adecuación ao manual)
4
As fontes están ben redactadas, segundo o manual Chicago, pero faltaría poñer a sangría nas bibliografías.
Global
4

Nome membros equipo avaliador: Laura Rodríguez España


Nome do equipo avaliado: Grazas pola aportación.
Criterios
Puntuación (1-5)
Observacións
Titulo e enunciados
4

Organización e estrutura
5

Presentación visual (tipografía, cores, imaxes, vídeos, infografías, sons, etcétera)
5
O mapa conceptual  é simple e facilita o acceso ao contido. Aporta enlaces cara a infografía, a ficha técnica, as secuencias ou os documentos, que se complementan perfectamente entre si.
Contido (redacción, exposición, uso de citas, tipo de citas, achegas propias, conclusións, etcétera)
5
Achegan  citas dos propios personaxes e valoracións persoais do equipo.
Fontes pertinentes aos datos aportados
5

Fontes perfectamente redactadas (identificación do manual e adecuación ao manual)
4
Uso do manual APA.
Global
5

Nome membros equipo avaliador: Laura Rodríguez España


Nome do equipo avaliado: Dorayaki Studios
Criterios
Puntuación (1-5)
Observacións
Titulo e enunciados
4

Organización e estrutura
3
A infografía, a memoria, a bibliografía e máis o vídeo debería de poñerse nunha mesma entrada. Melloraría a visualización.
Presentación visual (tipografía, cores, imaxes, vídeos, infografías, sons, etcétera)
5

Contido (redacción, exposición, uso de citas, tipo de citas, achegas propias, conclusións, etcétera)
4
Boa redacción. Ausencia de citas e conclusións.
Fontes pertinentes aos datos aportados
5

Fontes perfectamente redactadas (identificación do manual e adecuación ao manual)
4
Manual Harvard.
Global
4

Nome membros equipo avaliador: Laura Rodríguez España



Nome do equipo avaliado: Documafia.
Criterios
Puntuación (1-5)
Observacións
Titulo e enunciados
3
Os títulos non son moi atractivos á vista.
Organización e estrutura
5
Boa estructuración.
Presentación visual (tipografía, cores, imaxes, vídeos, infografías, sons, etcétera)
4
Abundan as imaxes. Os gráficos e o vídeo complementan o contido.
Contido (redacción, exposición, uso de citas, tipo de citas, achegas propias, conclusións, etcétera)
3
Gran aportación de citas. Falta de opinións, conclusións propias do equipo e memoria.
Fontes pertinentes aos datos aportados
5

Fontes perfectamente redactadas (identificación do manual e adecuación ao manual)
4
Manual Hardvar ben redactado. Falta a colocación da sangría.
Global
4

Nome membros equipo avaliador: Laura Rodríguez España

sábado, 30 de abril de 2016

PIRATERÍA

1. Introducción.
Que é a piratería?
Unha infracción de dereitos de autor, infracción de copyright ou violación de copyright é un uso non autorización ou prohibido de obras protexidas polas leis dos dereitos de autor, como o dereito de copia, de reproducción ou o de facer obras derivadas.
Referímonos tamén de xeito peiorativo a esta acción como “piratería. A piratería afecta a obras de diferentes ambitos: musical, cinematográfico, literario ou ao mundo dos videoxogos…
A piratería non ten, polo xeral, unha deficinción xurídica nas lexislacións relativas aos dereitos de autor. Hoxe en día, o único instrumento xurídico internacional no ámbito do dereito de autor que dá unha definición da “piratería” é o Acordo sobre os aspectos dos dereitos de propiedade intelectual relacinados co comercio (Acordo sobre os ADPIC), que recolle o seguinte:
entenderase por “mecánicas pirata que lesionan o dereito de autor” calesquera copias feitas sen o consentimento do titular do dereito ou dunha persoa debidamente autorizada por el no país de produción e que se realice directa ou indirectamente a partir dun artigo cando a realización desa copia habería constituido infracción do dereito do autor ou dun dereito conexo en virtude da lexislación do país de importación.” (Art.51, nº14)
O xeito tradicional de piratería consistía na distribución das copias das obras protexidas soamente en formato físico e cun propósito comercial. Mais o rapido desenvolvemento de Internet fixo que este “elemento comercial” desaparecera, xerando un intenso debate sobre o tema.
Existe gran controversia sobre se se debe abordar e castigar do mesmo xeito a piratería moderna e a tradicional. Están surxindo distintos puntos de vista, a cotío diverxentes, e as respostas á cuestión defiren dun país a outro.

Lexislación:

No Estado español atopamos as penas por piratería dispersas polo apartado do Código Civil centrado no Código da Propiedade Intelectual.
Podemos descatar as últimas reformas que se levan ou levarán a cabo respecto a este tema. A “Lei Mordaza” trouxo consigo a reforma dos artigos 270, 271 e 272 do Código Penal, que fai recaer a responsabilidade de violacións á propiedade intelectual sobre o administrador ou representante legal da empresa. Entraton en vigor o 1 de xullo de 2015 e incluen serias multas e ata penas de prisión para o mesmo.
Artigo 270.1 do Código Penal:Castigarase coa pena de prisión de seis meses a catro anos e multa de doce a vintecatro meses o que, con ánimo de obter un beneficio económico directo ou indirecto e en perxuizo de terceiro, reproduzca, plaxie, distribuia, comunique publicamente ou de calquera outro modo explote económicamente, en todo ou en parte, unha obra ou presentación literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquer medio, sen a autorización dos titulares dos correspondentes dereitos de propiedade intelectual ou dos seus cesionarios.”
Artigo 271 do Código Penal: “Imporase a pena de prisión de dous a seis anos, multa de dezaoito a trinta e seis meses e inhabilitación especial para o exercicio da profesión relacionada co delito cometigo, por un período de dous a cinco anos, cando se cometa o delito do artigo anterior concurrindo algunha das seguintes circunstancias: a) Que o beneficio obtido ou que se tivera podido obter posúa especial transcendencia económica. b)Que os feitos revistan especial gravidade, atendendo o valor dos obxectos producidos ilícitamente, o número de obras, ou da transformación, execución ou interpretación das mesmas ilícitamente reproducidas, distribuidas, comunicadas o público ou postas a súa disposición, ou á especial importancia dos prexuizos ocasionados. c) Que o culpábel pertencera a unha organización ou asociación, incluso de carácter transitorio, que tivese como finalidade a realización de actividades infractoras de dereitos de propiedade intelectual. d) Que utilice a menos de 18 anos para cometer estes delitos.”
Artigo 272 do Código Penal: 1. A extensión da responsabilidade civil derivada dos delitos tipificados nos dous artigos anteriores rexirase polas disposicións da Ley de Propiedade Intelectual relativas ao cese da actividade ilícita e á indemnización de danos e perxuizos. 2. No suposto de sentenza condenatoria, o Xuíz ou o Tribunal poderá decretar a publicación desta, a costa do infractor, nun período oficial.
Como mencionabamos antes, as novas reformas fan recaer a responsabilidade destes delitos de violación á propiedade intelectual sobre o administrador ou representante legal da empresa. Algunhas destas sancións, sen contar as noemadas nos artigos anteriores, consistirán en: inhabilitación de ata 5 anos para o exercicio de indutria ou comercio; a disolución da persoa xurídica; a suspensión das actividades e clausura de locais e establecementos; a inhabilitación para contratar co sector público ou a inhabilitación para ter beneficips e incentivos fiscais ou da Seguridade Social.
A nova lei crea ademais as seguintes obrigas:

  • Obrigación de todas as empresas, independentemente do seu tamaño, de aplicar programas de cumprimentos, tales como a legalidade do seu software.
  • Obrigación de establecer modelos de organización e xestión que inclúan medidas de vixilancia e control eficientes para a prevención de delitos.
  • Obrigación de contar cun sistema disciplinario que sancione adecuadamente o incumprimento das medidas que establezca o modelo de xestión e organización. 
2. Piratería e crise:

¿Por qué pirateamos?



España é un dos países europeos con maior piratería intelectual. A piratería dixital causa a perda de ata 1,2 millóns de empregos no sector, e 250 millóns de euros en concepto de ingresos en 2015 en Europa, segundo mostra un estudio presentado polos sindicatos e representantes das industrias creativas. Rexístrase unha perda acumulada de postos de traballo de 611.300 e debido ó recorte progresivo de ingresos polo comercio minorista, poderíase chegar ata perdas de 1,2 millóns de postos de traballo, no caso de continuar co acceso ós contidos streaming. O estudo sinala que en 2008 perdéronse 185.000 empregos e ingresos valorados en 10 millóns de eutos “debido á piratería” de peliculas, series de televisión, música e softwares, perdas situadas en 1,7 millóns de euros, e 13.200 postos de traballo, no caso de España.




A industria dos contidos culturais é unha das principais vítimas da piratería. As webs piratas fináncianse principalmente mediante a construción de bases de datos. A segunda vía máis habitual é a da publicidade, que segundo os creadores pódese atopar no 74% desas páxinas; anuncios de apostas e xogos online, contactos e contidos para adultos, pero tamén bens de consumo e marcas coñecidas.


Dende fai xa moito tempo, a piratería de marcas comerciais foi un problema, xa que se aproveita do prestixio da marca orixinal para lucrarse, chegando en moitos casos ata os extremos da imitación. Xa sexa imitación do nome, aspecto ou ata o empaquetado do produto, algunhas destas marcas mostran un nivel de falsificación tal que para alguén inexperto poden pasar desapercibidas.


A industria de moda e sobre todo as marcas de luxo, son o principal obxectivo da piratería.

 
Dentro do mercado da piratería, o mercado da moda é o que conta coas marcas mellor plaxiadas. Chámanlle a versión económica, posto que por un menor prezo poden adquirir mercancía que imita ás marcas de renome na industria.


Isto ocórrelles tamén ás consolas e videoxogos.


Nin sequera as cadeas de comida rápida sálvanse da piratería.

A última vía corresponde ao pago, xa que o 81% dos usuarios atopan as webs ilícitas en Google.


Os perfumes e cosméticos son tamén obxecto de copias piratas. España atópase á cabeza neste tipo de falsificacións. O sector cosmético na Unión Europea (UE) perde cada ano 4.700 millóns en ingresos, o 7,8% das súas ventas totais, e uns 50.000 postos de traballo, a causa das falsificacións de perfumes, maquillaxe, cremas e artigos de hixiene, segundo un estudo da Oficina para a Armonización do Mercado Interior.


Para os creadores resulta fundamental o lucro cesante (as compras que o consumidor faría se non puidese acceder aos contidos de maneira gratuíta). Estiman que a industria habería facturado un 49% máis se houbese ingresado o diñeiro desviado á piratería. O efecto dominó da piratería, segundo indica o informe da Coalición de Creadores, evita a xeración de 21.672 empregos directos e priva ás arcas públicas de 547 millóns de euros. En 2015, accedeuse a 4.307 millóns de contidos dixitais, cun valor de mercado total de máis de 24.000 millóns de euros. Iso resulta un lucro cesante agregado de 1.669 millóns de euros. O sector que encabeza a piratería no noso pais é, novamente, o da música. O informe da Coalición sinala que o ano pasado accedeuse ilegalmente a 1.723 millóns de cancións, cun valor de mercado de máis de 6.300 millóns de euros. É dicir, un lucro cesante de 402 millóns de euros. “Se non houbera piratería, poderíase incrementar o valor actual da industria en 2,3 veces”, sinalan os responsables do estudo.


As cifras son igual de “impactantes” no resto de sectores. O lucro cesante por la piratería nas descargas ilegais de series en España ascende a máis de 180 millóns de euros. Se non existisen estes accesos ilegais, poderíase multiplicar por 1,5 o valor da industria actual de series no noso país.




A propiedade Facenda é unha das máis prexudicadas, xa que deixou de ingresar unha cantidade próxima aos 500 millóns de euros pola práctica do pirateo dos contidos, que non só afecta a industrial editorial ou aos selos discográficos, senón que tamén afecta á Liga de Fútbol, cuxos dereitos poden ser vulnerados, por exemplo, por webs ilegais que operan dende outros países. En 2015 visualizáronse de forma ilegal un total de 141 millóns de partidos de fútbol en dous millóns de fogares españois. O lucro cesante para a industria de esta actividade ilegal foi duns 174 millóns de euros. “Rojadirecta era o noso gran ogro”. Estamos máis tranquilos agora que xa no se pode utilizar. Era algo absolutamente perverso. O problema do ‘streaming’ xa no é tan importante, pero o dos decodificadores pirata sí. Ese será o noso foco”, dixo Ignacio Martínez Trujillo, da Liga de Fútbol Profesional.


Pero os maiores prexudicados polas descargas e os accesos ilegais son os autores. Se a ninguén se lle ocorre chegar a un comercio e non pagar o que se leva, ¿por qué podemos xustificar a piratería dun libro ou unha película?


O embaixador de EEUU, James Costos, dinos que España ten unha das taxas de piratería máis altas do mundo, e un recente estudio indica que a situación estase a agravar. El 88% dos contidos culturais que se consumiron en Internet durante o ultimo ano fora descargado de maneira ilegal e isto é un 4% máis que o ano anterior. Dito isto, España está a mellorar, bloqueou Pirate Bay, fortaleceuse o corpo legar para a persecución da piratería, pero quedan aplicarse as leis, quedan por facer aínda moitas cousas.


3. Piratería no ámbito cultural.
Introdución:
O mundo audiovisual tal e como o coñecemos vai camiño da súa desaparición, en parte por mor da piratería, da subida do IVA e da crise. Pero isto, malia estar destrozando o sector audiovisual, non é a causa directa deste cambio. A causa real é a gran revolución tecnolóxica e social que supoñen Internet e os procesos de dixitalización. Polo de agora, seguirán producíndose contidos audiovisuais pero non terán o mesmo valor económico e cultural que lle dabamos ata agora.

Era inevitable que isto ocorrera xa que Internet pon ao alcance de todos moitísimos contidos, polo tanto, as regras do xogo cambian. Agora podemos acceder a calquera contido audiovisual desde o ordenador, móvil ou tablet case ao momento do seu lanzamento e de forma gratuita (ou por moi pequenas cantidades) polo que é imposible a amortización dos produtos como se fixo ata agora. Se nos paramos a pensar, desde hai anos, pagamos polo consumo de Internet, non polos contidos que nos facilita este, e en consecuencia, os grandes beneficiarios son, claramente, os monopolios telefónicos. Esta é a causa real da piratería.

Agora os contidos audiovisuais poden ser consumidos sen necesidade de pagar por eles, Internet o fixo posible e isto supón a fin da industria tal e como a coñecemos. Xa non será posible a amortización destes contidos porque non hai mercado no que vendelas. Os únicos que seguen formando parte deste mercado son as cadenas e monopolios de televisión, os que controlan o que se produce e o que se consume. Só os espectáculos en vivo como teatro, musicales ou concertos poden seguir xerando ingresos ao seus creadores, son os únicos que se manteñen vivos e libres do mercado tecnolóxico.

O audiovisual deixou de ser un elemento rentable de ocio e cultura para converterse en algo de todos. Todos podemos crear contidos audiovisuais e distribuilos pola rede, con o sen pago previo. Este é o motivo real polo que todo está cambiando e non hai nada que facer fronte a esto, non hai ninguna lei que o poda parar porque é algo natural. Todo vai cambiando ao longo da historia, evolucionamos e prodúcense cambios.

O que se podería facer é analizar os cambios que xurdiron e crear novos sistemas, rentabilizar o seu potencial económico como portales, VOD, contidos dixitais, novas formas de producción e explotación etc… é dicir, temos que lexislar de acordo a estes cambios, non en contra.

CINE:
Tras ser conscientes dos cambios que se están dando na industria cinematográfica, debemos cambiar a nosa maneira de facer cine e tamén aceptar que xa non é rentable o sistema que coñecíamos.

O público que máis contidos piratas consume son os xóvenes de entre 16 e 21 anos, sorprendentemente os xóvenes neste rango de idade tamén son os que máis veces van ao cine. Por tanto, o público que máis beneficios lle da á industria, tamén é o que máis perdas lle produce. Isto ten unha sinxela explicación, a principal causa da crise do cine tradicional, o colapso, é dicir, a producción masiva de películas. Nos últimos anos isto incrementou moitísimo, situándonos agora mesmo en cifras que superan as 600 películas por ano. Con isto o que conseguimos é que os filmes fracasen, xa que o público (e en especial o público xoven) non ten tantos cartos como para ir ao cine tan asiduamente, por tanto haberá moitas películas que non poidan ver e en consecuencia, terán menos éxito.


Aquí é onde a piratería xoga o seu gran papel, axuda ao espectador a xestionar todas as estreas de filmes que recibe, así pode ver o que máis lle chama a atención no cine e o resto mediante copias piratas. Ademáis do caso dos xóvenes sen cartos para ir ao cine, temos o caso da xente que non ten tradición de ir ao cine, por tanto este colectivo adquire copias piratas e disfruta delas na súa propia casa. Tampouco nos podemos esquecer das persoas que sí van ao cine pero deciden descargar a película ilegalmente para poder vela de novo antes de que salga en DVD ou na televisión.

A pesar destes factores que atentan contra a industria cinematográfica, esta segue a ter o papel do gran mercado que move máis  de 40000 millóns de dólares en venta de entradas de cine, case 55000 millóns de dólares en ventas de DVD, sumando a venta de merchandising, dereitos de televisión, alquiler de películas, venta de palomitas… é dicir, seguimos estando fronte a un negocio que pese á forza da piratería segue mantendo o listón moi algo a nivel de diñeiro.

MÚSICA:
O mundo da música tamén está mudando co auxe de Internet na sociedade. Hai moitas opcións de acceso a música na rede, ben descargando ilegalmente ou ben sen necesidade de descargar, accedendo gratuitamente a ela mediante o consumo online. Este é o gran lastre que arrastra a industria musical desde hai anos. Segundo un estudio realizado por Universal Music, se se eliminara a piratería e o consumo online de música, os ingresos da industria multiplicaríanse por 17 en só 3 anos.

Pero non só temos esta clase de piratería, por así dicilo. Tamén existen usuarios que mercan CD’s e fan copias para compartir a música cos seus amigos, isto é porque a música é algo social, é símbolo da nosa identidade social, tráenos recordos de seres queridos ou acontecementos especiais e isto temos a necesidade de compartilo, compartir música e compartir tamén historias.

Moita xente descarga música de Internet para probala antes de mercar un disco, grazas a isto se estimula o interese en certos grupos e aínda que sexa ilegal permite que a xente coñeza máis música da que coñecería sen Internet. Se a alguén lle gusta un grupo que escoitou por Internet é máis probable que merque un disco ou que vaia a un concerto, así que Internet pode considerarse unha nova forma de escoitar música que axuda a aumentar o interese no consumo.

Un terceiro tipo de piratería sería o feito de grabar para revender, o coste dun CD pirata é menor que o de un grabado por unha empresa e así se poden vender máis aínda que sexa de xeito ilegal.

Respecto a este asunto Carlos Infante de Filomusica pregunta "¿Es que nadie se ha parado a explicar a la gente que el precio en los regímenes democráticos es libre, que un disco no es un artículo de primera necesidad sin el cual se puede vivir? ¿Es que nadie entiende que si 18 euros se considera un precio abusivo, lo adecuado es prescindir del producto?"  Infante suxire que mercar música é unha elección personal, un acto individual, pero… por qué non o consideramos un acto social? non deixa de ser algo relacionado coa construcción da identidade. A industria musical entende que nos definimos polos grupos aos que pertencemos e polas cousas que compartimos, unha das cales é a música. De acordo con isto as empresas mandan copias gratis da súa música ás canles de TV, emisoras de radio, pinchadiscos ou periodistas para que a música chegue ás audiencias máis grandes e se convirta nunha experiencia compartida pola cal a xente poda relacionarse e contribúa a abrir as relacións humanas. En definitiva, a industria lanza unha mensaxe insistente de que comprar música forma parte do que significa ser humano, isto intenta establecer o desexo pola música.
Seguindo este fio de consumismo, os que teñen demasiadas demandas e poucos recusos recurren ás descargas ilegais de Internet e non lle dan beneficios directamente a industria.


TELEVISIÓN:
O mesmo ocorre coa televisión de pago, quen vai pagar por ela podendo ver os mesmos contidos gratis? Ao alcance de todos están os sistemas de decodificación “cardsharing” e “Internet Key Sharing”.

O “cardsharing” engana o sinal que chega por satélite e ofrécelle unha clave válida para decodificar os contidos aínda que non sexamos clientes, pero non é o método máis perfecto xa que temos que pagar por el a un terceiro, “hai xente que comercializa estes servizos, desde cinco ata trinta euros ao mes, ti pagas por acceder a un servidor que responde coas claves de descifrado de todas as canles de satélites que queiras”, explica Andrés Tarasco, informático contra a piratería.

O sistema perfecto é  IKS (Internet Key Sharing) que “directamente fai maxia” resume o informático Andrés Tarasco. Con IKS o usuario só debe actualizar o firmware do decodificador e conectalo ao satélite e ao televisor, como por arte de maxia o aparello comeza a mostrar todos os contidos en aberto. A diferencia do “cardsharing” con este sistema só temos que pagar por mercar o noso decodificador, todos os contidos que vemos son de maneira gratiuita.

Este problema ven principalmente pola facilidade coa que podemos adquirir os decodificadores, dispoñibles de forma legal en calquera tenda física ou online. E contra isto, segundo o avogado Sergio Carrasco, non podemos facer nada porque os decodificadores son legais e o uso que lle de cada usuario é responsabilidade súa.

Aínda así hai negocio, cada decodificador vale algo máis de cen euros e todos veñen condicionados pola obsolescencia programada, teñen algo máis de dous anos de vida útil e logo o usuario terá que mercar outro, así que a diferencia entre pagar por consumir os contidos legalmente e pagar por ter Internet e mercar os decodificadores non é tan grande.

A forma máis efectiva de rematar con isto sería facer un cambio na regulación para evitar que os decodificadores podan ser modificados. En Brasil xa se está facendo e “se se demostra que o aparello pode ser modificado, retírase na mesma alfándega” afirma Ignacio Tapia, xefe de Seguridade de Emisións Codificadas.

Pero polo momento as compañías terán que seguir buscando a proba que demostre que os aparellos están destinados a ser modificados para ofrecer canles de pago por moi pouco diñeiro.

4. Os beneficios da piratería e a accesibilidade ao contido.
A piratería non afecta tanto como se cree ao éxito comercial das producción audiovisuais. Dende fai tempo fálase da crise da industria audiovisual, e cúlpase ás descargas ilegais de isto. Sen embargo, son moitos os que defenden que a piratería é só unha consecuencia desta crise, non o detonante, e que é a mala adaptación das productoras e do sistema cinematográfico ao cambio que, nos últimos tempos, estase a producir na mentalidade en nas necesidades dos consumidores o que produce a decadencia da industria. De feito, a piratería ten moitos aspectos positivos que chegan a beneficiar tanto ao espectador como ao sector audiovisual.
En primeiro lugar, os prezos desorbitados das coleccións por temporadas das series, das entradas de cine ou das películas en versión orixinal son del todo imposibles para a maior parte dos consumidores. Se a isto lle sumamos o agravante de que existen cantidades inxentes de productos no mercado actual, é totalmente comprensible que se recurra á piratería, pois o consumidor enfréntase a situacións nas que debe de escoller: cando a súa serie favorita emítese na mesma franxa horaria que outras que tamén son interesantes, ou cando va ao cine e hai dez películas entre as que se atopa indeciso. Hai tanta oferta que o espectador non pode abarcar económica ou temporalmente todos os productos que quere ver. Por iso, pese a escoller alguna das opcións, o espectador non soe renunciar ás demáis, pois a elas pode acceder mediante vías de carácter gratuíto coa piratería. Desta forma, a piratería permite unha fácil difusión dos productos audiovisuais, os cales se atopan así ao alcance de todo o mundo, independentemente da súa situación económica, a súa idade ou localización.
Ademáis, tendo en conta que a piratería pon a disposición da xente unha gran cantidade de productos, os consumidores son cada vez máis esixentes e críticos á hora de pagar por unha obra audiovisual, o que eleva o listón.
Por outra parte, nas páxinas nas cales que practica a piratería, os habituais son os encargados de subir os arquivos, os subtítulos e os enlaces, conformando así unha pequeña comunidade que se comunica a través dun foro, no cal os espectadores poden intercambiar impresións, información e suposicións acerca das películas ou series que ven, permitindo que a experiencia sexa moito máis completa, social e satisfactoria.
A piratería considérase un acto ilegal, a súa práctica é un delito e os seus precursores delincuentes. Dícese que esta afecta de forma negativa á industria do cine, do arte e da música, e que atenta contra os dereitos de Copyright. Sen embargo, a periodista María Alesandra Pámanes (2013) afirma, nun artículo para a revista dixital Reporte Índigo, que “a investigación de LSEPS destaca que o tráfico do contido pirata en Internet non daña á industria, senon que a beneficia, ampliando o público que escoita, descarga e compra música, que vai ao cine e que compra videoxogos”. Dita investigación confirma que a difusión de contidos online favorece á promoción e distribución do producto, beneficiando á industria e aportando máis gananzas que pérdidas.
“A industria do entretemento  empeñouse en alegar que a piratería en Internet provocou pérdidas millonarias para os rubros de música, películas, series e videoxogos. Pero, según o estudio, cuxa abreviación é “Copyright & creation”, os ingresos mantense iguais –estables–, e incluso  foron en aumento dende o 2000.” (María Alesandra Pámanes, 2013)
Bart Cammaerts, un dos autores do estudo, afirma que os ingresos por ventas dixitais, servizos de suscripción, transmisión e actuacións en directo compensan a disminución dos ingresos por ventas de CD. Polo tanto, a piratería é un feito compensatorio. Pode que a industria e os distribuidores perdan gananzas ao se distribuír gratuítamente un producto, pero as recuperan debido a que este logra chegar de forma eficaz e rápida á maior parte do público.
Finalmente, moitas produccións terminan por converterse en marcas, que por si mesmas crean un mercado ao seu redor, de forma que, pese a que os espectadores non invirtan diñeiro en velas e accedan a elas vía ilegal, si que invirten en productos relacionados. Isto ocorre con produccións tales como Juego de Tronos, The Walking Dead, Star Wats, Jurassic World, Fast and Furius, Frozen, películas de Marvel ou DC, El Señor de los Anillos, Harry Potter ou Piratas del Caribe.
AS PELÍCULAS MÁIS PIRATEADAS NO 2015, EN MILLÓNS DE DESCARGAS:
  1. Interestellar: 46.762.310


  1. Fast and Furius 7: 44.794.877

              
  1. Los vengadores: La era de Ultrón: 41.594.159


  1. Jurassic World: 36.881.763


  1. Mad Max, Furia en la carretera: 36.443.244


  1. El Francotirador: 34.000.000


  1. 50 Sombras de Grey: 32.126.827 


  1. El Hobbit. La batalla de los cinco ejércitos:  31.500.000

  1. Terminator: Génesis: 31.000.000


  1. Kingsman: servicio secreto: 31.000.000 apróx.

5. Decadencia da piratería grazas a emerxencia de plataformas VOD
As plataformas VOD (video on demand) están collendo máis auxe día a día, éstas, son aquelas que responden á demanda dos espectadores 2.0, éses que utilizan Internet para estar conectados ao seu ocio,o cal xestionan ao seu gusto..
Os VOD son videoclubs virtuales que mediante tarifas, ofrecen programación á carta. A principal virtude, é que o espectador non ten que preocuparse da programación que quere ver, pois con este tipo de plataformas pode ver o contido cando quere, ademáis son plataformas que se adhiren a todo tipo de dispositivos: Smart TV, pc, tablet y, por supuesto, smartphone. Funcionan con sistemas operativos mayoritarios como iOS ou  Android e ofrecen os contidos audiovisuais máis actuais, para aqueles espectadores que necesitan estar ao día en moda televisiva.
En España, hay diversas plataformas VOD, que cada vez están contando con máis espectadores inscritos.
A máis antiga é Wuaki.Tv, que foi nacida co propósito de facer frente á plataforma norteamericana Netflix e gañar o mercado europeo en canto a VOD, chegando a ser a máis utilizada no noso país.
Tamén Canal+ lanzou en 2011 un videoclub online, Yomvi, adaptándose á demanda do espectador e facendo os seus servizos máis interactivos.(Acesso a programación de Canal+, cunha gran calidade de programación en series e cine, Yomvi tamén se centra no fútbol, ofrecendo os partidos máis relevantes e permitindo a súa visión dende calquera dispositivo electrónico) .
A3 Media, unha das empresas máis notables da comunicación no noso país tamen quixo ter a súa alternativa VOD, á que bautizou como Nubeox en 2012, ofrecendo canales como AXN ou Disney Junior,  e estrenos pouco despois de saír nas salas de cine.
Tamén hai que ter en conta a veterana Filmin, que aposta polos clásicos e a calidade de programación, e a mais recente de todas, Total Channel, que permite acceder a doce canales, como Fox, Nickelodeon, History Channel ou National Geographic por pouco máis de 7 euros ao mes. Ademáis tamén ofrece o poder grabar programación que non se viu e vela nun plazo de 30 días.
Quizáis, o que máis resalta  é o que naceu como Movistar Series, como nova alternativa de Video on Demand. Ao nacemento de Movistar Fusión, no que se ofrece fútbol, pero tamén a  Fórmula 1 ou Moto GP, se sumó un videoclub online. Así  Movistar buscaba un servicio global, que inclúe teléfono, Internet e televisión.
A súa recente fusión con Canal+, fixo que moitos escollan esta opción como a primeira cando se trata de escoller unha plataforma VOD; pois é a máis completa en diversidade de serie, cine, deportes, etc. Ademáis tamén ten un sistema de grabación para poder grabar programación ou para atrasar un determinado espazo que non vimos comezar, e decir, un control case total do que estamos vendo e de cómo o estamos vendo. Moitos apuntan a que esta fusión de Canal+ e Movistar é a Netflix española, abarcando o máximo de espectadores que usan as VOD.
O VOD ofrécenos un panorama moi  interesante e o seu crecemento é unha constante na que os espectadores empezan a disfrutar das súas ventaxas e sobre todo duns prezos cada vez máis competitivos. O feito de que o usuario teña que rexistrarse, permite coñecer mellor ao consumidor e así ir adaptando unha programación a súa medida.
O VOD, pouco a pouco, está sendo asimilado por todo tipo de estamentos, mesmo o mundo da publicidade está a buscar formas de insercción dos seus anuncios neste tipo de plataformas. Como non, o mundo da piratería tamén esta sufrindo este crecemento do Video on Demand.
Pois ben, a piratería de series, está sendo substituída polos visionados online ou polo uso destas plataformas VOD. Pois cunhas tarifas asequibles, as VOD proporcionan a programación cunha calidade óptima, así como a primicia do estreno; mentras que pirateando, hai que esperar a que o contido esteña dispoñible na rede, ademáis da mala calidade e do idioma, que moitas veces non están dobladas. Evidentemente, a piratería segue en pleno auxe, pero estas plataformas son unha altermnativa que lle fan frente, pois de maneira legal, por un precio máis que aceptable, temos todo o contido que queremos, con boa calidade e son e ademáis podemos consumilo cando queiramos.

6. BIBLIOGRAFÍA (HARVARD)

ABC. (2016). 1,2 millones de desempleados en 2015 por culpa de la piratería? - Cultura - Cultura - ABC.es. [en linea] Disponible en: http://www.abc.es/20100317/cultura-/millones-desempleados-2015-culpa-201003171311.html [Consultado 28 Abril. 2016].

Anabella Costa, M. (2016). Video On Demand - Monografias.com. [en línea] Monografias.com. Disponible en: http://www.monografias.com/trabajos36/video-on-demand/video-on-demand.shtml [Consultado 23 Abril 2016].

Antonio Resines, d. (2016). Los datos de la piratería en España que ofreció Antonio Resines, en entredicho. [en linea] abc. Disponible en: http://www.abc.es/cultura/cine/abci-datos-pirateria-espana-ofrecio-antonio-resines-entredicho-201602091154_noticia.html [Consultado 24 Abril 2016].

Armendariz, M. (2015). Apuntes sobre la situación actual del audiovisual. [en linea] infoLibre.es. Disponible en: http://www.infolibre.es/noticias/opinion/2015/02/26/apuntes_sobre_situacion_actual_del_audiovisual_28935_1023.html [Consultado 24 abril 2016].

Bloggin Zenith. (2015). VOD. Video on demand en nuestro país. Alternativas. [en línea] Disponible en: http://blogginzenith.zenithmedia.es/wuaki-filmin-nubeox-yomvi-otras-asi-esta-vod-espana/ [Consultado 23 Abril. 2016].

Brunet, P. (2007). Reportaje — La piratería en el cine. La otra verdad incómoda. [en linea] Eleconomista.es. Disponible en: http://www.eleconomista.es/boxoffice/analysis/2007/la-pirateria-en-el-cine-la-otra-verdad-incomoda/ [Consultado 24 abril 2016].

El Confidencial. (2015). James Costos: España es el país más competitivo de Europa en este momento. Noticias de Mundo. [en linea] Disponible en: http://www.elconfidencial.com/mundo/2015-04-24/espana-es-el-pais-mas-competitivo-de-europa-en-este-momento_775513/ [Consultado 24 Abril 2016].

El Confidencial. (2016). La piratería en España (según los creadores): 1.700 millones de euros ‘robados’ al sector. Noticias de Tecnología. [en linea] Disponible en: http://www.elconfidencial.com/tecnologia/2016-03-31/la-pirateria-en-espana-segun-los-creadores-1-700-millones-de-euros-robados-al-sector_1176373/ [Consultado 26 Abril 2016].

El Confidencial. (2016). La piratería en España (según los creadores): 1.700 millones de euros ‘robados’ al sector. Noticias de Tecnología. [en linea] Disponible en: http://www.elconfidencial.com/tecnologia/2016-03-31/la-pirateria-en-espana-segun-los-creadores-1-700-millones-de-euros-robados-al-sector_1176373/ [Consultado 26 Abril 2016].

FERNÁNDEZ, E., Vivienda, S., E., Editorial, E., Editorial, U., Empleo, E. and Editorial, E. (2016). La piratería resiste la ley. [en linea] ELMUNDO. Disponible: http://www.elmundo.es/television/2016/03/31/56fd4451268e3eda138b457f.html [Consultado 24 abril 2016].

GRS WEB. (2015). Novedades del Código penal y el software Ilegal en la PYME. [en linea] Disponible en: http://www.grsinformatica.com/como-afecta-a-mi-empresa-la-reforma-del-codigo-penal-y-la-utilizacion-software-ilegal/ [Consultado 26 abril 2016].

Hernández, Á. (2016). La piratería de la TV de pago aún existe (y por qué nadie puede con ella). Noticias de Tecnología. [en linea] El Confidencial. Disponible en: http://www.elconfidencial.com/tecnologia/2016-03-23/la-pirateria-de-la-tv-de-pago-aun-existe-y-por-que-nadie-puede-con-ella_1172948/ [Consultado 24 abril 2016].

Mundo Ejecutivo. (2016). Los 5 productos más plagiados por la piratería. [en linea] Disponible en: http://mundoejecutivo.com.mx/economia-negocios/2015/12/15/5-productos-mas-plagiados-por-pirateria [Consultado 28 abril 2016].

Navas, Á. (2015). Un estudio de Universal Music concluye que sin la piratería el negocio de la música grabada sería 17 veces mayor. [en linea] Industria Musical. Disponible en: http://industriamusical.es/un-estudio-de-universal-music-concluye-que-sin-la-pirateria-el-negocio-de-la-musica-graba-seria-17-veces-ma0yor/ [Consultado 24 abril 2016].

Onieva, D. (2015). ¿Influyen tanto las descargas pirata sobre la afluencia al cine como algunos afirman?. [en línea] ADSLZone. Disponible en: http://www.adslzone.net/2015/10/04/influyen-tanto-las-descargas-pirata-sobre-la-afluencia-al-cine-como-algunos-afirman/ [Consultado 23 Abril. 2016].

Portal.unesco.org. (2016). Consecuencias de la piratería : UNESCO-CULTURA. [en línea] Disponible en: http://portal.unesco.org/culture/es/ev.phpURL_ID=39442&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html [Consultado 23 abril 2016].

Portal.unesco.org. (2016). ¿Qué es la piratería? : UNESCO-CULTURA. [en línea] Disponible en: http://portal.unesco.org/culture/es/ev.phpURL_ID=39397&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html [Consultado 19 abril 2016].

Publico.es. (2016). Estas son las 10 películas más pirateadas de 2015. [en línea] Disponible en: http://www.publico.es/sociedad/son-10-peliculas-mas-pirateadas.html [Consultado 26 abril 2016].

Pérez, D. (2016). Cinco claves de la reforma penal contra la piratería. [en línea] Cinco Días. Disponible en: http://cincodias.com/cincodias/2013/09/20/economia/1379674151_675008.html [Consultado 26 abril 2016].

Reporte Indigo. (2016). ‘A favor’ de la piratería. [en línea] Disponible en: http://www.reporteindigo.com/piensa/entretenimiento/favor-de-la-pirateria [Consultado 26 abril 2016].

Rodriguez, P. (2014). El problema de la piratería en España, una cuestión de precios excesivos y oferta deficiente. [en línea] Xatakaon.com. Disponible en: http://www.xatakaon.com/p2p-y-descargas/el-problema-de-la-pirateria-en-espana-una-cuestion-de-precios-excesivos-y-oferta-deficiente [Consultado 28 Abril 2016].

Valero, C. (2015). Ley Mordaza y Código penal: Todo lo que no podrás hacer a partir de mañana 1 de julio en Internet. [en línea] ADSLZone. Disponible en: http://www.adslzone.net/2015/06/30/ley-mordaza-y-codigo-penal-todo-lo-que-no-podras-hacer-a-partir-de-manana-1-de-julio-en-internet/ [Consultado 26 abril 2016].

Vanguard Online. (2006). La piratería de música. [en línea] Disponible en: http://www.vgpolitics.f9.co.uk/0602PP.htm [Consultado 24 abril 2016].

Vivienda, S., E., Editorial, E., Editorial, U., Empleo, E. and Editorial, E. (2016). La piratería intelectual sigue en máximos niveles. [en línea] ELMUNDO. Disponible en: http://www.elmundo.es/opinion/2016/04/01/56fd77d2e2704ea47e8b457a.html [Consultado 28 Abril 2016].

Wto.org. (2016). OMC | ADPIC | acuerdo plurilateral. [en línea] Disponible en: https://www.wto.org/spanish/tratop_s/trips_s/t_agm0_s.htm [Consultado 19 abril 2016].

Wto.org. (2016). OMC | ADPIC | acuerdo plurilateral. [en línea] Disponible en: https://www.wto.org/spanish/tratop_s/trips_s/t_agm0_s.htm [Consultado 19 abril 2016].