domingo, 7 de febrero de 2016

COMPARACIÓN DE ARTIGOS DO DIARIO EL PROGRESO


Sánchez, líder- Elías Ferreiro

PEDRO SÁNCHEZ teno moi difícil, pero non máis que hai unha semana. Os baróns e vellas glorias do PSOE que o ían merendar con patacas están agora calados -falta saber se quietos- tras a maxistral manobra do secretario xeral e -cada vez máis- líder do partido ao anunciar que calquera acordo de Goberno ía consultalo coas bases. A ver que barón -ou baronesa- se atreve a levar a contraria aos militantes. Os focos que hai uns días apuntaban a Felipe González ou Susana Díaz iluminan agora a Pedro Sánchez, o principal protagonista no complexo panorama da política española actual. Sánchez ten difícil formar Goberno, pero quen declinou tentalo teno imposible. Esa é a diferenza. Ata hai unha semana, todo o mundo coincidía en que Sánchez xogábao todo a unha carta: ou era presidente ou desaparecía do mapa político. Hoxe a cousa non está tan clara, porque o calendario institucional solápase co orgánico do PSOE. Se Sánchez fracasa no seu intento de ser presidente -as sesións de investidura non serán antes dun mes, é dicir, xa entrado marzo-, a disolución das Cortes produciríase como moi pronto en maio, e as novas eleccións -54 días despois-, a finais de xuño. O PSOE ten programado elixir en primarias ao líder do partido o 8 de maio e ratificalo no seu congreso o 20, 21 e 22 dese mes. Sánchez -que se non é entón presidente, xa terá a quen botarlle a culpa de que a esquerda non goberne- presentarase. Atreverase alguén máis, barón ou non?


Rajoy quedou primeiro pero non gañou – Tito Diéguez


Rajoy non respecta a lista máis votada. Ah, que é a súa. Vaia, pois non parece, porque por segunda vez decidiu non asumir a súa responsabilidade e someterse ao ditado do Parlamento elixido polos españois para ver se contaba cos apoios precisos e seguir como presidente. Pero polo visto e por máis que se empeñen algúns sectores, quedar primeiro nunhas eleccións non significa gañalas. Non esquezamos que o noso sistema non e o maioritario, no que quen teña aínda que sexa so un voto mais que os seguintes levaría toda a representación. Aquí non, e proporcional, e aínda así os partidos mais votados saen beneficiados no reparto. De feito, o PP hai catro anos obtivo 186 deputados, maioría absoluta, grazas a 10,8 millóns. Rajoy renuncia como líder da lista mais votada porque desta non gañou as eleccións. 


RESUMO DOS ARTIGOS

Rajoy quedou primeiro pero non gañou:

Tito Diéguez expón no seu artigo o feito de que Mariano Rajoy renunciase a someterse ao ditado do parlamento para ver se tiña ou non apoios para formar goberno e seguir sendo presidente.
A argumentación de Diéguez baséase en que quedar primeiro nas eleccións non significa gañalas, xa que a lei electoral non é proporcional.

Sánchez, líder:

O resultado das presentes eleccións toma como protagonista á esquerda, principalmente a Pedro Sánchez. Nun principio este non conta cos escaños suficientes como para ser presidente, pero xunto co resto dos partidos de esquerda, foron quen de desbancar a dereita e impedir que esta goberne.
Afirmase que Sánchez foi criticado e, á mesma vez, foi moi valorada a súa labor, xa que se contaba con que se non acadaba a presidencia desaparecería do partido.
O PSOE de Sánchez non gañou mais votos que noutras eleccións, pero case alcanzou os do PP, o cal ata o momento sempre levaba a vantaxe suficiente para facerse co goberno.
Finalmente ponse en dúbida quen estará a cabeza do goberno e se Sánchez seguira activo no partido.

COMENTARIO COMÚN:

Os textos falan dos dous partidos políticos mais recoñecidos  no ámbito español actual. Por unha banda o PP representado por Mariano Rajoy, o cal viu o seu apoxeo nas ultimas eleccións, gobernando asi España. Ata agora, a crise e mailo xurdir de diversos partidos de esquerda, fixeron que este partido se debilitase ata o punto de non chegar a maioría absoluta nas actuais eleccións. Desta vez Rajoy non poderá ser o presidente, só esperar que se volva a votar. Pero deixase notar como estes resultados deberían dar que pensar a dito partido e o seu representante.
Na outra banda temos o Psoe, o segundo partido mais votado despois do PP pero por moi pouca diferenza. Aquí presentouse o dilema das esquerdas. Os partidos das  esquerdas xuntos tiñan os votos necesarios para a maioria absoluta e facerse co goberno. O problema reside en que estas esquerdas non comparten os mesmos valores e resulta difícil chegar a un acordo. Polo tanto, Pedro Sánchez, a cabeza do Psoe, encontrase no punto de mira, sendo un dos principais motivos polos que a dereita esta vez non poderá gobernar. Este ou non o gusto de todos, Sanchez chegou e tomou as riendas do partido, e soupo encamiñalo mellor que outras vellas glorias.

Agora queda esperar e ver se haberá algún tipo de acordo entre os partidos ou se faranse novas eleccións.

CONCLUSIÓN:

Durante esta tarefa aprendimos a traballar en equipo e levar a cabo un proceso de análise dun artigo xornalístico. Primeiro, buscamos e seleccionamos os artigos necesarios para a análise, contando co previo acordo entre os membros do grupo. Logo estudamos os textos, recoñecendo as súas ideas principais e analizando o tipo de vocabulario, formas de expresión, etc… empregadas nos mesmos. Despois plasmamos dita análise nunha conclusión clara e obxectiva, na que se expresa de forma concisa aquilo referido ao obxecto do noso traballo, neste caso, a situación política do país. Por último, expuxemos as nosas conclusións frente a clase, defendendo  o noso análise e comparando as ideas de cada un dos artigos.

2 comentarios:

  1. Hai que explicar os textos elexidos do xornal. Así non se sabe a que se refiera a entrada.

    ResponderEliminar
  2. A pesar do comentario, non houbo o engadido documental necesario para entender as conclusións.

    ResponderEliminar